Thursday 16 de May de 2024

Campaña informativa de Nadal: UN XOGUETE, UN MUNDO


Como se vén facendo nestas datas ano tras ano, a Concellaría de Servizos Sociais do Concello da Pobra do Caramiñal, pon unha vez máis a andar a Campaña informativa de Nadal: “Un xoguete, un mundo”; co fin de ofrecer a toda a poboación información que axude a unha boa elección do xoguete.
Así mesmo, preténdese concienciar á cidadanía da importancia que ten o xogo, e de fomentar o uso de xoguetes que transmitan valores positivos e educativos.
Para levar a cabo esta iniciativa foron elaborados uns folletos onde se dan unha serie de consellos prácticos.
Esta información será distribuida polas distintas dependencias oficiais, centros educativos, asociacións e establecementos comerciais do municipio.